Sarria Sorrí volve este verán cos mellores humoristas do panorama nacional

Algúns dos mellores cómicos do panorama nacional volverán a Sarria na segunda edición do SARRIA SORRÍ. O ciclo, comezará o 26 de xuño ás 21:30h en O Meigallo coa actuación de Miguel Lago e o seu espectáculo 20 anos faltando onde o popular cómico e tertuliano televisivo repasará as súas e máis populares rutinas.

As actuacións continuarán o 23 de xullo cun inédito espectáculo cos cómicos Oswaldo Digon e Brais Doval, ambos pertencentes o coñecido programa televisivo Malicia Noticias, e onde se poderán desfrutar os novos monólogos dos cómicos galegos.

E co mes de agosto chegarán os platos fortes do Sarria Sorrí, con dúas representacións de auténtico luxo: por un lado, o 8 de agosto, no Campo de Rugby, a única actuación en Galicia deste ano do espectáculo Lechazo á feira onde Xosé A. Touriñán, David Amor, JJ Vaquero e Álex Clavero traerán os seus mellores monólogos para debatir, en tono de  humor, cal é o mellor sitio para vivir, se Galicia ou Castilla.

Por outro lado, o día 14 dese mesmo mes, ás 12:00h arrincará cunha divertida actuación infantil gratuita a cargo de Pedro Brandariz na Praza de Santa Mariña. E o mesmo día, no mesmo lugar, ás 21:00h o Sarria Sorrí rematará por todo o alto coa actuación do gran Luis Piedrahita, que nos traerá o seu último espectáculo que tanto éxito lle está a dar na Gran Vía madrileña.

Dende a organización, avanzan ademáis que todas as medidas de protección vixentes estarán activas e controladas durante todo o Sarria Sorrí. Os asistentes terán que deixar os seus datos e serán almacenados para o control de posibles bromos. Os aforos reducíronse considerablemente para asegurar suficientes distancias de seguridade. Haberá controles de acceso, postos de xeles, e acomodadores, e sempre se garantirán os fluxos de persoas e as desinfeccións de todas as zonas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com