" />

Saúdos, abrazos e bicos

Non é que eu sexa especialmente expresivo en directo, pero este tempo opresivo aféctame por restrinxir os máis mínimos saúdos. Atopar persoas que coñezo e estimo, e non poder dar a man ou unha palmada nas costas, e reducir todo a un “Ola”, no que nin sequera se aprecia o sorriso filtrado, déixame frustrado.

Teño amigos de dar a man e amigas de bico na meixela, acompañado todo das palabras axeitadas; amigos de aperta estreita, e amigas que acompañan a aperta cunha man acariñando as costas; e amigos de bico na meixela como se da a un fillo, pai ou irmán.. Pero iso é pasado porque agás a familia máis de preto, polas actuais circunstancias, mantéñense distancias e evítanse contactos físicos, limitándose aos auditivos e visuais, e nestes últimos eu xogo con desvantaxe.

Agora, as apertas úsoas con fruición nos correos electrónicos, que aí poido seguir sendo expresivo, pero teño que conterme a diario aínda que ás veces, sen decatarme, pro pásome de acordo con estas regras estritas que converten en vulgar o máis rancio protocolo.

As actuais normas de boa conducta impoñen que o máximo contacto entre persoas de calquera condición é un xesto estrañamente amaneirado de achegar os antebrazos ata que os cóbados se encontren, acompañando todo dun sorriso que non se aprecia porque a máscara tapa todo. Cada vez que contemplo esa ridiculez lembro que de nenos, en Vilalba, cando queríamos provocar ao que por momentos pasaba de amigo a contrario, empuxabámolo co ombreiro como provocación que desembocaba en retroceso ou agresión. Cando vexo a dous políticos saudarse así, penso que van acabar a losqueadas.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo