" />

Segue a baixada dos casos activos de Coronavirus en Lugo

Nas ultimas 24 horas os infectados por Corionavirus en Lugo, pasaron de 182 a 177, cinco casos menos. A cifra de novos casos detectados situouse en sete. Aínda que de xeito moderado,  as cifras de afectados pola Covid-19 segue a baixar en Lugo.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.832, deles 628 son da área da Coruña, 211 da de Ourense, 452 da de Pontevedra, 849 da área de Vigo, 428 da de Santiago e 87 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 35 están en UCI, 138 en unidades de hospitalización e 2.659 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 119.624 persoas curadas, rexistrándose 2.401 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.167.999.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 1.595.240.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo