Seis novos casos nas últimas 24 horas elevan o total de contaxios a 110 na Área de Lugo

Nas últimas vinte e catro horas os casos activos por Coronavirus na Área de Lugo, pasaron de 104 a 110, seis máis que onte. A nivel de Galicia a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.282, deles 778 son da área da Coruña, 94 da de Ourense, 60 da de Pontevedra, 134 da área de Vigo, 55 da de Santiago, e 51 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 3 permanecen en UCI, 48 en unidades de hospitalización e 1.231 no domicilio, Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.587 persoas curadas, rexistrándose 625 falecementos. A última persoa falecida foi unha muller de 86 anos que estaba ingresada no CHUAC e presentaba patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 280.185.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com