" />

Sete nenos saharauis pasarán en Lugo as súas Vacacións en Paz

O Voceiro Municipal do Concello de Lugo, Miguel Fernández, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González, recibiron esta mañá, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, aos sete nenos e nenas dos campos de refuxiados de Tinduf, que estarán de vacacións en Lugo ata setembro, unha acollida solidaria que se mantén viva ao longo dos anos.

O Concello colabora coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharuai cunha achega económica de 7.000 euros para levar a cabo o programa Vacacións en Paz, que neste 2017 permite que un total de 326 cativos e cativas pasen o verán en Galicia, 7 na cidade de Lugo, 2 nenas e 5 nenos, o que lles proporciona aos máis pequenos gozar dunha boa alimentación e asistencia médica, ao tempo que evitan as altas temperaturas que soportan nos campamentos, máis de 50 grados.

Ana González Abelleira deulles a benvida aos cativos e as súas familias de acollida, ao tempo que recoñeceu o esforzo que realiza ano tras ano tanto a asociación como ás familias, para continúar con este programa que se leva a cabo en Galicia dende hai un cuarto de século a pesar de ser un proxecto difícil de custear.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo