‘Si, hai saída’ denuncia aspectos do novo protocolo contra a violencia de xénero

A asociación ‘Si, hai saída’ contra a violencia de xénero manifesta a súa “preocupación e inquedanza” ante algúns dos aspectos do novo protocolo emitido polo Ministerio do Interior hai uns días para mellorar a seguridade das víctimas da violencia machista.

Mediante un comunicado, a asociación apunta que “algunhas das medidas que este protocolo aconsella son, senón inviables, si moi difíciles de levar a cabo, e denotan que aínda existe un notable descoñecemento da situación real das mulleres maltratadas, tanto nos aspectos anímico e psicolóxico como a hora de valorar os recursos, a miudo moi exíguos ou mesmo inexistentes, dos que dispoñen, para adoptar tales medidas”.

A este respecto, a asociación presidida por Marta Rodríguez Engroba pon o foco nalgúns consellos recollidos nese protocolo como habilitar e dispoñer dunha “habitación do pánico”ou pactar sinais cos nenos e veciños para que entendan que deben pedir axuda. Segundo Rodríguez Engroba, estes son dous exemplos de que “a realidade dunha muller víctima de violencia machista e, ainda a día de hoxe, unha gran descoñecida, xa que, algo que a priori semella ser moi sinxelo, pode chegar a ser un mundo para a vítima e, porén, totalmente irrealizable”.

“Non esquezamos que unha muller nesta situación sempre está baixo a vixiancia férrea do seu maltratador, polo que a adaptación dunha habitación destas características chega a ser imposible, tanto por este motivo como, en moitas ocasións, polas propias particularidades da vivenda, por non mencionar que gran parte das agresións se producen por sorpresa e no momento mais inesperado, polo que a capacidade de reacción e prácticamente nula”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com