" />

Siguen baixando os infectados pola Covid-19 na Área de Lugo

Nas últimas 24 horas o total de persoas infectadas por Coronavirus en Lugo e provincia é de 77 , 22 menos que onte, polo que todo fai supoñer que oandazo está a piques de ser controlado na nosa provincia. Mesmo, Fernando Simon, director do Centro de Coordinación de Alertas y Emergencias, ven de anunciar “que se esta  preto de poder dicir que se rematou coa tranmisión”.

O novo comunicado da Consellería de Sanidade da Xunta, informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 1.199, deles 277 son da área da Coruña,  209 da de Ourense, 62 da de Pontevedra, 352 da área de Vigo, 187 da de Santiago, e 35 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 18 permanecen en UCI, 94 están en unidades de hospitalización e 1.087 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.155 persoas curadas, rexistrándose 606 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 125.832.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo