" />

Sober amosa a súa repulsa polo asasinato de Estrella Domínguez a mans da súa parella

O Concello de Sober acolleu hoxe unha concentración de rexeitamento da violencia machista, como acto de repulsa ao asasinato, a mans da súa parella, da veciña do municipio, Estrella Domínguez,  na praza do Concello á que asistiron o alcalde, Luis Fernández, a Subdelegada de Goberno, Isabel Rodríguez e a deputada popular Raquel Arias. As bandeiras da Casa Consistorial luciron a media asta durante a fin de semana en sinal de loito e os restos da muller recibiron sepultura onte na localidade.

Trala concentración, na que o alcalde leu un comunicado de repulsa e gardouse un minuto de silencio, a subdelegada do Goberno declarou que “estamos aquí, en Sober, compartindo a dor da familia e os veciños, para recordar a Estrella e condenar públicamente, con toda a enerxía, a violencia machista. Temos que acabar con esta lacra que nesta fin de semana terrible cústoulle a vida a tres mulleres, é algo intolerable nunha sociedade civilizada, non se poden consentir nin as mortes nin o medo, nin que haxa quen aínda pon en dúbida a existencia da violencia sobre as mulleres”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo