" />

Socialistas de O Saviñao piden un pleno extraordinario para que se cubra a praza do médico

O Grupo Socialista de O Saviñao, rexistrou hoxe a petición para a celebración dun pleno extraordinario, co fin de reclamar ao Goberno de Feijóo, que cubra a praza de médico que vai quedar vacante por xubilación no concello. Así como se dote de persoal ao centro de Currelos, para atender as citas dos pacientes.

Os socialistas lembran que este mesmo asunto xa foi tratado no Pleno da Deputación de Lugo. “Entendemos que a sanidade é un tema capital que afecta a toda a veciñanza, por iso dende a Agrupación Socialista imos a seguir insistindo en reclamar os nosos dereitos”, sinalan.

Concretamente, na proposta rexistrada demandan “un acordo para que se manteñan as prazas de médicos existentes na actualidade no Centro de Atención Primaria de Escairón”. E tamén solicitan “o acordo da corporación para que se manteñan a praza de médico existente, así como a recuperación do conserxe que había no Centro de Atención Primaria de Currelos. E que se trasladen os acordos do pleno á Xunta de Galicia, xa que son asuntos da súa competencia”.

“No que se refire á sanidade non imos deixar nin dar un paso atrás na defensa da nosa atención primaria. As veciñas e veciños do concello Saviñao somos cidadáns con tódolos dereitos, por iso vamos a seguir loitando polos nosos médicos e polos nosos recursos públicos. Os nosos veciños meréceno”, sinalan.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo