Solicitude ao Presidente da Deputación da Plataforma da Pro Residencia de Becerreá

ASUNTO: SOLICITUDE DE REUNIÓN DA PLATAFORMA PRO RESIDENCIA DE BECERREÁ CO FIN DE FALAR DA POSTA EN MARCHA DO CENTRO DE DÍA E RESIDENCIAL COMARCAL EN BECERREÁ

Os abaixos firmantes, vista a nota de prensa desa institución, na que parece que nos non estivemos, porque o que alí apreciamos non foi ningún compromiso, senon fume, algunha manipulación e mentiras…, como

EN QUE MOMENTO A RESIDENCIA DE BECERREÁ DEIXOU DE AXUSTARSE Á REDE PROVINCIAL

Deputación provincial de Lugo cando era presidente o Sr. Besteiro, tiña o propósito de facer fronte á sangría demográfica que afecta á provincia creando unha rede de residencias da terceira idade con centros de día en distintos Concellos. Vendo despois a relación dos mesmos, todos do PSOE ou BNG

A Deputación argumentaba que segundo o Mapa Galego de Equipamentos Sociais da Xunta, Lugo contaba con 2.500 prazas menos das que lle correspondían, tendo en conta o número de maiores de 60 anos, que representaba a terceira parte da poboación lucense. Lugo era ademais, era a provincia galega, despois de Ourense, co menor número de prazas públicas. No caso da Comarca dos Ancares, a parte de emendar un abandono histórico,- o sueste de Lugo era a única zona sen residencia para maiores pública- e facer realidade as promesas dos distintos partidos políticos nos últimos corenta anos, sería unha inxección de fututo para a comarca e Becerreá como cabeceira, asentaría poboación coa creación dun número de postos de traballo importantes e darí unha cobertura eficaz á envellecida poboación da comarca. Por iso en maio de 2011, a Deputación Provincial de Lugo contrata e aproba o Proxecto básico e de execución de centro de día e residencial en Becerreá. Ese que agora resulta ter carencias importantes, 12 anos despois, mentindo cando dicen: “..o proxecto presentado polo Alcade estaba incompleto“.. o Alcalde non presentou nada, nin redactou proxecto, nin o contratou, .. todo foi feito pola Diputación, e asi

Con data 25 de juño de 2016 asinouse protocolo de intencións para establecer o marco de COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACION PROVINCIAL DE LUGO E O CONCELLO DE BECERREA CO FIN DE CONSTRUÍR E XESTIONAR UN EQUIPAMENTO RESIDENCIAL (CENTRO DE DÍA E RESIDENCIA) COMARCAL EN BECERREA

O 26 de novembro de 2016, en sesión ordinaria o pleno da Deputación Provincial de Lugo aprobou a proposta do seu presidente, o Sr. Campos de aprobación do convenio de colaboración con 22 votos a favor e dúas abstencións

A partir de aí o edificio foise executando de modo que finalizada a súa vixencia o concello xa cumprira todos os seus compromisos. 

O 26 de febreiro do ano 2020, o Pleno da Deputación de Lugo, esta vez a proposta do seu presidente o Sr. Tomé, acorda aprobar a addenda ao convenio anterior que permitiu prolongar a súa vixencia ata o 19 de decembro do ano 2023.

E despois de todos estes fitos, resulta agora que a residencia de Becerreá non se axusta á rede provincial. 

En ningún momento apareceu ou tomou acordo algún SUPLUSA pero sí os tres últimos presidentes socialistas da Deputación Provincial de Lugo

-TRES presidentes non viron que o proxecto tiña carencias importantes?

-TRES presidentes non viron que o proxecto non se axustaba á rede provincial?

-Se é por grande, porque se axusta a de Ribadeo?

-Porqué antes das eleccións municipais o Sr. Tomé veu facer a foto diante da Residencia co candidato á Alcaldía, o Sr. Pereira?

Cómo se chama facer obras que non se axustan ou teñen carencias importantes

-Solicitada concreción de plazos ou publicación da licitación do mobiliario, cociña…. na PLATAFORMA DE CONTRATACIÓN DA DEPUTACIÓN ou no DOCE ( DIARIO OFICIAL DE LA COMUNIDAD EUROPEA, ou no Diario oficial que corresponda, evitaron comprometerse, co cal, creemos sinceramente nos estaban tomando o pelo, senon que nos explique un partido que se dice socialista y que defiende el rural, cando é: “CANTO ANTES”

Por elo, SOLICITÁMOS de novo:  SER RECIBIDOS POLO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN, DIRECTAMENTE SIN INTERMEDIARIOS, SIN PROBLEMA DE QUE ESTE ACOMPAÑADO POR QUEN CONSIDERE OPORTUNO, E CONCRETAR OS COMPROMISOS SOBRE A POSTA EN MARCHA DO CENTRO DE DÍA E RESIDENCIAL COMARCAL EN BECERREÁ

Becerreá, 7 decembro de 2023.

Asinado:

Lourdes Fenández, Ana freijo, Abel Lombardia, Julio Rivero, Adela Soler.

)

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com