" />

Susana López Abella toma posesión como Secretaria Xeral da Igualdade

A chantadina Susana López Abella tomou posesión hoxe como secretaria xeral da Igualdade da Consellería de Emprego e Igualdade. O acto, que se desenvolveu no edificio administrativo de San Caetano, estivo presidido pola conselleira do departamento autonómico, María Jesús Lorenzana, quen destacou a profesionalidade de Susana López Abella e a súa experiencia ao fronte da Secretaría Xeral da Igualdade. Tamén acudiron á toma de posesión o vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, e a conselleira de Política Social, Fabiola García.

López Abella agradeceu a confianza depositada nela para continuar combatendo a violencia de xénero, unha lacra para a sociedade. Sinalou que a Xunta continuará dando apoio directo ás vítimas e seguirá loitando para erradicar a violencia de xénero, unha tarefa que apuntou que só se conseguirá se hai un compromiso de todos os ámbitos.

A xa Secretaria Xeral da Igualdade ocupou este mesmo cargo entre outubro de 2011 e o pasado mes de xuño. Así, conta con ampla experiencia en materia de igualdade ao ter estado á fronte desta secretaría nos últimos nove anos. Nacida en Chantada (Lugo), López Abella realizou estudios de Ciencias Empresariais na Facultade de Empresariais de Vigo e é colexiada en xornalismo polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. Foi secretaría xeral de Familia e Benestar entre abril de 2009 ata outubro de 2011 e foi, ademais, deputada no Parlamento de Galicia, onde traballou nas áreas de muller, política social, igualdade e traballo, entre outras.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo