Técnicos e forenses declaran hoxe no xuízo polo asasinato de Tatiana Vázquez

Hoxe, terceira xornada no xuízo polo asasinato en 2016 da rapaza, Tatiana Vázquez, e na que tocou subir ao estrado aos técnicos forenses que analizaron tanto o lugar dos feitos e o corpo da rapaza como os que entrevistaron nun primeiro momento ao  único acusado, Ibrahima Ndiaye.

Os técnicos non puideron precisar con exactitude algunha das claves deste asasinato. Entre elas, a hora da morte. Mentres que saben que Tatiana poderíase ter recuperado de 53 das 54 puñaladas que lle asestou o asasino, e que a única causante da morte foi unha puñalada que lle penetrou 3 cm no bazo, non se sabe o tempo exacto que a rapaza tardou en morrer entre as 5 menos dez da madrugada e as 8 da mañá.

Outro punto que tampouco puideron precisar os técnicos do laboratorio forense da Coruña ao que levaron a analizar as probas, foi a procedencia do ADN que atoparon nunha toalla na casa que Ibrahima compartía coa vítima. Se ben é certo que foi o propio acusado quen lles amosou a toalla que contiña ADN tanto de Ibrahima como de Tatiana, non se pode saber con exactitude si provén de semen, sangue, células epiteliais ou o que afirmou o acusado dende un principio: restos de limparse tras unha relación sexual mantida entre ambos.

Cabe destacar tamén a declaración do técnico que entrevistou a Ibrahima no primeiro momento e que asegurou que chamaba a atención a pasividade e falta de reacción do acusado.

As incognitas sobre este caso non axudan a resolver con exactitude quen matou a Tatiana Vázquez e mentres a acusación se mantén na súa petición de 27 anos e medio de cárcere, tanto Ibrahima Ndiaye como o seu abogado reclaman que se sigan outras liñas de investigación. 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com