" />

Tomé, satisfeito polo fin do “calvario e a persecución a Besteiro e Orozco”

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, expresou a súa satisfacción e ledicia polo arquivo do caso Garañón xa que, “por fin, remata o calvario e a persecución á que se viron sometidos durante tanto tempo José Ramón Gómez Besteiro e José López Orozco. As acusacións xamais deberon producirse, algo que tiña claro, pero que ratificou con contundencia a Audiencia Provincial”.

“Sempre tiven unha confianza total na inocencia e no bo facer destes compañeiros”, subliñou José Tomé, quen onte mesmo se puxo en contacto con quen fora mandatario provincial e Secretario Xeral do PSdeG e co ex Alcalde de Lugo para trasladarlle unha mensaxe “de afecto, de apoio e de consideración”.

O Presidente da Deputación recalcou que “afortunadamente a xustiza, aínda que tarde, corrixiu os seus propios erros, que nunca deberon ter ocorrido, pero, por desgraza, o gravísimo dano persoal e político que lles foi ocasionado durante tanto tempo é irreparable”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo