" />

Traballadores das prisións galegas denunciarán cunha marcha a Santiago ás agresións que sofren “acotío”

Os traballadores das prisións dos cinco cárceres galegos (A Lama, Pereiro, Bonxe, Monterroso e Teixeiro) organizan para o mañá, sábado, 19 de xuño, unha marcha seguida dunha concentración en denuncia ás agresións sufridas por este persoal acotío. A andaina percorrerá un treito do Camiño de Santiago rematando na praza do Obradoiro, en Santiago, onde terá lugar a concentración entre as 13 e as13.30 horas.

O obxectivo destes traballadores é  denunciar as agresións que sofre o colectivo “cada vez máis acotío” e a inacción da secretaría xeral de institucións penitenciarias, órgano que debería condenalas e facilitar os medios legais (axente da autoridade), materiais e persoais que axuden a evitalas.

“Pola contra, está máis preocupado en branquear ditas agresións, minimizar a súa gravidade ou negalas directamente, empregando un protocolo de agresións (PEAFA) que é unha vergoña e que non nos cansaremos de solicitar a súa modificación ou derrogación”, denuncian os traballadores.

O colectivo galego envía, asemade, unha mensaxe de ánimo e solidariedade aos compañeiros agredidos en todo o Estado, e especialmente “aos compañeiros da Lama e Teixeiro que sufriron o máis recente (e o máis grave), incluído un intento de asasinato (presunto)”.

Esta MARCHA SEN AGRESIÓNS está aberta a todos os traballadores da prisión, familiares e amigos. Asemade, invitacións formais aos sindicatos e asociacións con representación nas prisións galegas.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Anónimo
    Xuñ 18, 2021 - 04:18 PM

    Ánimo y 💪

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo