" />

Benestar investirá máis de 206.000 euros en programas de inclusión social na provincia

A Consellería de Traballo e Benestar investirá algo máis de 206.000 euros en financiar os programas de inclusión social dirixidos á poboación xitana e inmigrante que desenvolven cinco concellos da provincia.

Este investimento supera nun 7,5% a contía destinada o pasado ao mesmo fin, que foi distribuída igualmente entre os concellos de Quiroga, Monforte de Lemos, Lugo, Burela e Viveiro. Ao respecto, cabe subliñar que obtiveron axuda todos os municipios que o solicitaron.

En liñas xerais, este programa de subvencións contempla financiar as seguintes actuacións: itinerarios personalizados de inclusión sociolaboral; intervencións educacionais para mellorar as condicións residenciais das persoas ou familias incorporadas a procesos de realoxo, erradicación do chabolismo, ou con carencias básicas no fogar; accións educativas enfocadas aos menores; asesoramento técnico especializado; e apoio ás persoas inmigrantes no relativo á realización dos trámites precisos nas autorizacións e renovacións de residencia e traballo.

Ao abeiro destas liñas principais de traballo cos colectivos beneficiarios, levaranse a cabo medidas máis concretas como cursos de alfabetización dixital, accións formativas para obter certificados de profesionalidade, orientación e apoio ao alumnado, ou aprendizaxe de linguas para a poboación inmigrante, entre outros.

O obxectivo último de todas estas actuacións é acadar a inserción sociolaboral destes colectivos. Esta orde de axudas inscríbese na aposta do Goberno galego pola inclusión social, que se reforza cada ano. En total, a partida destinada ás persoas e grupos de poboación en situación ou risco de exclusión social conta neste exercicio cuns 70 millóns de euros, un 17,7 por cento máis que en 2014.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo