Trece novos casos nas últimas 24 horas na Área de Lugo

Os datos das últimas 24 horas arroxan unha subida de 13 novos casos na Area de Lugo (Hula, Burela e Monforte), hai unha pequena subida en comparanza coas últimas datas. Malia iso son uns datos totalmente normais, xa que, nos próximos días haberá baixadas e subidas de casos , pero sempre que se manteñan nestes parametros, e parece que iso pasará, dadas as cifras que se están a manexar, e posible que o andazo estea a piques de ser controlado.

Nos datos que proporciona a última actualización da Xunta a travesó da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade , os casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.637, deles 1.550 son da área da Coruña, 627 da de Lugo, 1.301 da de Ourense, 535 da de Pontevedra, 1.164 da área de Vigo, 1.078 da de Santiago, e 382 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 92 permanecen en UCI, 568 están en unidades de hospitalización e 5.977 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.676 altas de pacientes e 492 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 76.129.

 

                                                                          

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com