Tres persoas feridas en dous accidentes en Lugo

Tres persoas precisaron asistencia médica ao producirse dous accidentes en Lugo. Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia, unha das vítimas, unha muller, tivo que ser excarcerada polos Bombeiro, ao quedar atrapada no interior dun dos vehículos implicados.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, dous turismos bateron na N-VI, na circunvalación da ponte nova, en sentido a Garabolos e, acto seguido, colidiron outros dous coches no mesmo lugar a causa, posiblemente, dun despiste ao volante.

Os feitos sucederon ao fío das 18:00 horas. Nada máis recibir a alerta a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o persoal do CIAE 112 Galicia puxo a situación en coñecemento dos Bombeiros de Lugo, da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com