Triacastela acolle mañá a xornada Camiños de Identidade

O Concello de Triacastela acolle mañá a xornada Camiños de Identidade, un proxecto enmarcado no Xacobeo 2021. Pola mañá, haberá unha ruta de sendeirismo guiada na que estaba previsto que participaran 25 persoas. O interese que desperteu fixo que o número se ampliara ata os 35.
Despois haberá un xantar e xa pola tarde a presentación do proxecto e a proxección dun vídeo promocional do Concello. O proxecto leva por título: O castiñeiro e a súa relación cos produtos agrarios en clave turística. Este acto será na Fonte do Lunar ás 17:00 horas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com