Triacastela estuda vías de colaboración con Medio Ambiente en materia de saneamento e abastecemento

A alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias reuniuse coa titular de Medio Ambiente, Beatriz Mato, para estudar vías de colaboración en materia de saneamento e abastecemento, para o concello da montala luguesa.

Segundo trasladou a rexedora municipal durante o encontro, Triacastela é un concello con necesidades específicas en materia de augas derivadas da afluencia de peregrinos. A conselleira comprometeuse a estudar estas necesidades.

Por outra banda, tamén se abordaron liñas de colaboración en materia de urbanismo, como a actuación para acondicionar o camiño de Suavila. Actualmente, o Goberno galego xa conta con proposta de adxudicación, que se podería asinar e formalizar a finais desta semana. A actuación, inscrita no Plan Hurbe, persegue realizar un paseo semiurbano, acabado en formigón rugoso coa mesma cor e tipoloxía doutros paseos da zona.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo