" />

Últimos días para concorrer aos descontos do 50% no custo da matrícula da USC, que ofrece a Deputación

A Deputación de Lugo anunciou esta mañá que está a piques de rematar o prazo para concorrer aos descontos do 50% no custo da matrícula de 10 titulacións do Campus Terra de Lugo, que ofrece o goberno provincial. Estes descontos están dirixidos a primeiros estudantes na universidade lucense e os interesados teñen de prazo ata o vindeiro luns , 3 de xullo para formalizar a súa preinscrición. Máis información en www.paraestudarlugo.com; www.usc.es e www.deputacionlugo.gal.

As bolsas coas que o Executivo Provincial financia a metade da matrícula é unha das medidas do Plan de Choque de Deputación e USC para promover o Campus Terra e Lugo como cidade universitaria, ofrecendo facilidades, con independencia da situación familiar, para estudar nun dos centros de ensino de España, tal e como o ratificou o estudo U-ránking 2017. O ente provincial adiantou tamén que ao longo do ano, poranse en marcha novas medidas, pois achega un total de 350.000 euros ao Plan de Choque.

Logo de rematar o vindeiro luns o prazo de preinscrición, o 11 de xullo publicarase a listaxe de alumnos admitidos. O mércores 12, abrirase o primeiro prazo de matrícula a través do NERTA, que estará aberto ata o venres 14 ás 14:00 horas. O segundo período de matrícula abrangue dende o día 19 ata o 21 ás 14:00 horas, e o terceiro dende o 27 ata o 31 de xullo ás 14:00 horas.

Durante ditos prazos de matrícula, ao mesmo tempo que se formaliza a solicitude dunha praza nas 10 titulacións con bolsa, tamén se formaliza a solicitude da beca do Goberno da Deputación. Tan só o ano pasado, o Executivo Provincial asumiu a metade do custo da matrícula duns 270 novos alumnos da USC lucense.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo