" />

Un bebé trasladado ao hospital tras unha colisión múltiple en Xove

Un bebé tivo que ser trasladado ao hospital tras unha colisión entre tres coches que tivo lugar no concello lucense de Xove.

O sinistro produciuse na avenida da Deputación.  Foi un particular quen  contactou co servizo de emerxencias 112 Galicia ás catro desta tarde para alertar do sinistro.

Os efectivos do CAE 112 Galicia informaron dos feitos aos Bombeiros de Viveiro, a Urxencias Médicas, ao GES de Cervo, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.

Os sanitarios mobilizaron ata o lugar unha ambulancia para atender ao bebé. Finalmente, o pequeno foi trasladado por precaución. Na zona na que aconteceu o accidente rexistráronse retencións de tráfico durante esta tarde.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo