" />

Un día máis baixan os casos activos e os novos contaxios na área sanitaria de Lugo

Nas últimas 24 horas produciuse un novo descenso de infeccións activas; a día de hoxe hai 164 casos, baixan en 11. Os novos contaxios tamén baixan, de 14 a 5 novos positivos.  

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.302, deles 411 son da área da Coruña, 150 da de Ourense, 120 da de Pontevedra, 235 da área de Vigo, 121 da de Santiago e 101 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 16 están en UCI, 45 en unidades de hospitalización e 1.241 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 124.689 persoas curadas, rexistrándose 2.433 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.324.974.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 2.385.702.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo