" />

Un ecomuseo e un obradoiro de apicultura forman un novo proxecto empresarial en Negueira de Muñiz

A Xunta de Galicia impulsa en Negueira de Muñíz unha empresa de apicultura que producirá mel, polen e outros produtos apícolas de calidade, pero que tamén actuará no eido da formación e difusión dos valores e beneficios da apicultura tradicional e na posta en valor do patrimonio cultural, arquitectónico e etnolóxico apícola da comarca, coa creación dun ecomuseo e obradoiros sobre a materia. 

A Consellería do Medio Rural achega 74.300 euros, o 50 por cento do investimento para a posta en marcha da iniciativa El país del Abeyeiro a través do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Montes e Vales Orientais.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitou hoxe as instalacións da empresa xunto co promotor, Alberto Uría, e subliñou a importancia dun proxecto que busca a produción e consumo de produtos apícolas respectuosos co patrimonio natural e cultural e tamén “xerar tecido económico, social e cultural na comarca”.

Balseiro sinalou que a empresa “xa deu probas do dinamismo que quere imprimir na zona”, dado que se instalou nunha aldea que estaba abandonada, Pena da Nogueira, e xerou un movemento de recuperación que levou á rehabilitación de varias casas e da pista de acceso ao pobo.

Este proxecto, combina a liña de produción coa de formación, educación ambiental, turismo e natureza, e abre a posibilidade de converterse nun recurso turístico fundamental para a zona.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo