" />

Un escape de gas provoca o corte dunha rúa en Cervo

A Rúa Xunco, do municipio de Cervo foi interrompida esta mañá ao tránsito de vehículos e persoas, a causa dunha fuga de gas detectada nunha tubaria que os técnicos reparaban.

O CAE 112 Galicia tivo constancia do suceso  sobre as 11:00 horas. Foi a esa hora, cando os membros do GES foran alertados polo persoal do Concello dun posible escape de gas na rúa.  Así, unha vez chegados ao lugar e feitas as correspondentes medicións, detectaron que, a rotura dunha tubaxe provocara dita fuga.

O 112 Galicia informou do suceso aos Bombeiros de Viveiro e á Policía Local. Tamén se requiriu a intervención do persoal da empresa subministradora do gas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo