Un home cae a un pozo en Outeiro de Rei cando trataba de rescatar o seu can

Un home caeu a un pozo cando intentaba sacar ao seu can. O accidente produciuse ás 20:20 horas de onte no lugar de Metela, en Outeiro de Rei.

O home, duns 50 anos de idade, foi rescatado polos Bombeiros de Vilalba. Levaba preto dunha hora mergullado na auga e presentaba síntomas de hipotermia.

O persoal do 112 Galicia puxo en marcha o operativo despois de recibir a chamada dunha persoa particular, que escoitou ao home pedir auxilio. A partir de aí, os xestores do Centro de Atención ás Emerxencias avisaron aos servizos sanitarios de urxencias, aos Bombeiros de Vilalba e aos axentes da Garda Civil.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo