" />

Un incendio deixa importantes danos nunha granxa en Sarria

Un incendio orixinado a pasada tarde nunha granxa en Sarria provocou danos de consideración no interior da explotación, sen que ningunha persoa resultase ferida nin afectada.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, o lume calcinou dous tractores e diversos apeiros agrícolas. Ademais, ardeu herba seca acumulada e as lapas chegaron a afectar ao tellado da nave, de feito, unha parte do teito caeu. Por outra banda, ningún dos animais que nese momento se atopaban dentro da granxa resultou afectado. En concreto, no interior había unhas cento sesenta vacas.

Os feitos sucederon en Corvelle, na estrada que vai a Becerreá e foi a chamada dunha persoa particular a que alertou do incendio ao 112 Galicia, pasados uns minutos das 20:45 horas.

Acto seguido, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia activouse un operativo no que interviñeron os Bombeiros de Sarria e os de Monforte de Lemos, ademais dos axentes da Garda Civil e da Policía Local. Tamén, o persoal do CIAE 112 Galicia puxo a situación en coñecemento dos Bombeiros de Chantada e do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por se fose necesaria a súa intervención.

Cómpre indicar que os servizos de emerxencia finalizaron as tarefas de extinción do lume preto das 3:30 horas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo