Un informe de contratación revela máis de 117 avisos á rexedora por ilegalidades en 7 contratos caducados

Un novo informe do servizo de Contratación do Concello de Lugo saíu á luz a pasada semana e un novo informe no que se volven desvelar os numerosos avisos que este servizo lle enviou á rexedora por presuntas ilegalidades nos contratos. Así, desta volta, o documento revela 117 avisos a tan só 7 dos 44 contratos caducados.

Un novo “tirón de orellas” para o goberno local a un mes das eleccións municipais e ao que terá que enfrontarse a rexedora non só nas furnas senón tamén diante do xuíz, dentro da investigación aberta polos Xulgados, a raíz da denuncia penal presentada polo Partido Popular por unha presunta malversación e prevaricación de Lara Méndez en materia de contratación municipal.

Neste senso, se manifestou esta mañá o voceiro do PP, Antonio Ameijide quen considerou que a situación “cada vez vai a peor” xa que no último informe ao que tivo acceso o seu Grupo Municipal se enumeraban 102 avisos referentes á necesidade de licitar os 44 servizos co contrato caducado ou sen contrato que hai no Concello de Lugo e agora “atopámonos con 117 avisos” en só sete contratos. “Está claro que o único que sabe facer Lara Méndez en canto á xestión dos contratos caducados e mirar cara outro lado e desoír os avisos dos técnicos municipais”, expuxo o popular.

O voceiro popular sinala que “non é unha situación nova” pero, pese a iso, non deixa de ser alarmante que pese aos “reiterados e periódicos” avisos que recibe a alcaldesa por parte dos diferentes servizos municipais, non “hai visos de regularizar a situación”. Por ese motivo, o popular recorda que a alcaldesa terá que explicar en sede xudicial a súa política en materia de contratación á fronte do Concello de Lugo, despois da investigación iniciada polos xulgados lucenses, a raíz dunha denuncia penal presentada polo Grupo Municipal do Partido Popular, despois de coñecer que o número de contratos caducados no Concello de Lugo era de 44, pese a que Lara Méndez colleu o bastón de mando municipal con só 6 contratos caducados.

Así, Ameijide recorda que será nos xulgados onde Lara Méndez terá que respostar por un suposto delito de prevaricación e outro suposto delito de malversación de fondos públicos.

Unha declaración que abrirá o propio Antonio Ameijide o vindeiro 2 de maio, en calidade de denunciante, e dous funcionarios municipais. Unha política en materia de contratación “un tanto estraña” xa que no informe do servizo de contratación se recolle que, por exemplo, no que se refire a un servizo tan básico e sinxelo como o ‘Subministro de papel para impresión en dependencias municipais’ leva dende o 14 de xullo de 2015 caducado, xusto dende a entrada da alcaldesa no Concello de Lugo e “non fixo nada para regularizar a situación”.

Pero o que máis chama a atención a Antonio Ameijide é que os técnicos municipais confirman que os novos pliegos para licitar este contrato xa están redactados e contan cos “informes favorables de asesoría xurídica e de Intervención” polo que se levaron á xunta de goberno local do 3 de abril de 2019 pero “non se aprobou o asunto”. “Que escuros motivos teñen a alcaldesa e o equipo de goberno socialista para non aprobar uns pliegos que teñen todos os informes precisos favorables”, preguntou o popular.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo