IMAXE LIBRE!!

Un taxista con oito pasaxeiros dá positivo en alcolemia

O condutor dun taxi, de 36 anos e veciño de Sarria, deu positivo esta mañá nunha proba de alcolemia mentres facía un servicio levando a oito pasaxeiros. Así o confirmou a Garda Civil de Tráfico de Lugo quen detivo a circulación do taxi mentres estaban a facer un control de Rutas Ciclistas Protexidas. O condutor arroxou un resultado de 0.40 e 0.41 miligramos por litro de aire espirado nas dúas probas que se lle efectuaron.

Os feitos tiveron lugar en torno ás 9:30 horas desta mañá na estrada LU-633  entre Pedrafita e Palas de Rei, no termo municipal de Sarria. Segundo informou a Garda Civil, o conductor foi proposto para sanción ante a Xefatura provincial de tráfico e o vehículo permaneceu inmobilizado no lugar dos feitos durante 20 minutos e ata que se presentou o propietario da empresa de taxis e se fixo cargo do vehículo.

A sanción por este tipo de delitos pode acarrear un importe de mil euros e a sustracción de seis puntos no saldo do permiso de conducción.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com