" />

Unha app axilizará as autorizacións de acceso ao ben natural das Catedrais

A Xunta de Galicia porá en marcha unha aplicación móbil para axilizar as autorizacións de acceso ao Monumento Natural da Praia das Catedrais. Así o anunciou esta mañá a directora xeral de Patrimonio Natural, Ana Díaz, durante a súa visita, xunto co delegado territorial en Lugo, José Manuel Balseiro, a este enclave que, desde o 20 de xaneiro do 2005 goza da consideración de Monumento Natural, ademais das tres figuras de protección que garanten a preservación dos seus valores naturais.

Así, a representante da Consellería de Medio Ambiente avanzou que a aplicación móbil estará dispoñible a partir da próxima Semana Santa e permitirá aos usuarios solicitar, desde o seu propio terminal, o permiso correspondente para visitar o areal e descargar o código QR identificativo, que deberá presentar nos controis de acceso. Desta maneira,dixo a directora xeral, “poñemos ao alcance do cidadán un recurso rápido e cómodo e damos continuidade ao Plan de Conservación elaborado pola Xunta de Galicia para equilibrar a protección do enclave e facilitar a afluencia”.

Cómpre lembrar que un dos aspectos máis importantes da normativa deste Plan é a regulación do uso público, polo que se fixa unha limitación diaria de persoas de 4.812 nos períodos de máxima afluencia, isto é, meses de xullo, agosto, setembro e Semana Santa. Este límite establécese, por tanto, en aras da conservación deste espazo incluído na Rede Natura 2000 e na Reserva da Biosfera do Río Eo, Oscos e Terras de Burón, ademais de ser un Lugar de Interese Xeolóxico.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo