Unha marea de tractores asolagaran Lugo durante cinco horas

Os organizadores temen que poida haber incidentes.

Maña xoves 3 de setembro a partir das doce do mediodía chegará ao centro da cidade a manifestación convocada pola Plataforma en Defensa do Sector Lácteo. Dúas horas antes comezaranse a concentrar os vehículos agrícolas nas inmediacións do estadio Anxo Carro.

A manifestación subirá pola Avda. das Américas continuando por poeta Ramón Cabanillas, gravador Castro Gil, García Abad e Avda. da Coruña ata confluír coa Rolda da Muralla, onde permaneceran ata as cinco da tarde. Os tractores ocuparan un dos carrís xa que o outro quedará libre para posibles emerxencias.

Ao remate da manifestación lerase un manifesto de doce puntos que ademais dos sindicatos , foi apoiado por diversos partidos políticos, asociacións veciñais e algúns concellos da provincia.

Entre os organizadores hai temor a que se produzan incidentes, pois, segundo explicaron, podería suceder que no medio dos manifestantes apareceran piquetes que tenten reventar a manifestación. Haberá que estar atentos, pois unha manifestación que se convoca para apoiar aos gandeiros galegos, o último que necesita é que se produzan incidentes que poidan abafar unha reivindicación de tanto interese para o agro galego, e por ende para Galicia.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com