Unha persoa ferida en Abadín ao quedar atrapada nunha empacadora

Unha persoa resultou ferida hoxe en Abadín ao quedar atrapada nunha máquina de empacar herba. Tivo que ser liberado polos Bombeiros.

Os feitos tiveron lugar no Cepo, na parroquia de Romariz. O 112 Galicia recibiu o aviso ás 13:45 horas de hoxe. O CAE 112 alertou aos Bombeiros de Vilalba, que se desprazaron ao lugar cun equipo de excarceración. Tamén se informou á Garda Civil. Urxencias Médicas, pola súa banda, enviou ao punto o helicóptero medicalizado con base en Ourense. Unha vez liberada, a persoa foi evacuada na aeronave a un centro sanitario.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo