" />

Unha persoa perde a vida ao sufrir un accidente co tractor que manexaba en Pedrafita do Cebreiro

Unha persoa perdeu a vida esta tarde en Pedrafita do Cebreiro ao quedar baixo o tractor que manexaba no lugar de Barxamaior.

O 112 Galicia recibiu a alerta do accidente ás 16:20 horas a través do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que, malia os esforzos, nada puido facer por salvarlle a vida.

Ademais, desde Emerxencias 112, informouse aos Bombeiros de Sarria, aos membros do GES de Becerreá e aos axentes da Garda Civil.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo