Unha persoa resulta ferida ao accidentarse co tractor que manexaba en Guntín

Unha persoa resultou ferida esta tarde en Guntín ao quedar atrapada no apeiro do tractor que manexaba. Segundo puido saber o 112 Galicia, foron varias persoas que presenciaron o accidente as que liberaron ao condutor do vehículo.

Os feitos sucederon no lugar de Ferreira, ao fío das 17:30 horas. Nese momento, a Garda Civil de Tráfico contactaba co 112 Galicia para dar conta do sinistro.

A partir de aí, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia requiriuse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Chantada e do GES de Monterroso.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com