Unha persoa resulta ferida ao envorcar o coche no que viaxaba en Foz

Unha persoa resultou ferida esta mañá no termo municipal lucense de Foz despois de saírse da vía e rematar envorcado o turismo no que viaxaba. O 112 Galicia tiña constancia do accidente a través do aviso dun particular ás 9:20 horas. Indicaba no seu relato que a vítima, aínda que se atopaba accesible, necesitaba atención médica.

De inmediato, dende o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia se poñía a situación en coñecemento de 061-Urxencias Sanitarias, Policía Local, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Barreiros e Ges de Cervo.

O sinistro ocorreu no lugar de Río, na parroquia de San Martiño. Finalmente, a dotación retirou da estrada os restos do accidente e levou a cabo tarefas de limpeza na vía

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com