" />

Unha xinete e o seu cabalo falecen ao ser alcanzados por un coche en Vilalba

Unha muller faleceu esta noite en Vilalba despois de que un coche batese contra o cabalo que montaba. Os dous ocupantes do vehículos resultaron feridos leves, aínda que un tivo que ser excarcerado.

O accidente tivo lugar na estrada de Lanzós, a LUP-6502, á altura do quilómetro 3. A vitima regresaba da romaría de San Adriano, xunto con dous  compañeiros. O 112 Galicia tivo coñecemento do ocorrido ás 0:00 horas de hoxe, a través dun aviso de Urxencias Médicas. Os efectivos sanitarios indicaban que a xinete estaba tendida no chan inconsciente.

O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 puxo estes datos en coñecemento dos Bombeiros de Vilalba, que se desprazaron ao punto cun equipo de excarceración. Tamén se alertou a Protección Civil, á Policía Local e á Garda Civil de Tráfico.

Os efectivos de emerxencia procederon á limpeza da vía e á retirada do cadáver do cabalo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo