" />

Usuarios de Aspnais visitan a Xunta e coñecen o seu funcionamento interno

Máis de cen usuarios da Asociación de Pais e Tutores de Persoas con Discapacidade Intelectual de Lugo (Aspnais),visitaron esta maña a sede da Xunta en Lugo e coñeceron o seu funcionamento interno, así como as funcións da administración autonómica. Durante a recepción, a delegada territorial da Xunta, Raquel Arias puxo en valor a labor integradora da organización e gabou “o importante papel que xogan os seus usuarios, posto que son eles os que co seu traballo e esforzo contribúen a enriquecer a sociedade na que vivimos”.

O presidente de Aspnais, agradeceu en nome de todos os usuarios da asociación a recepción e o apoio que lles brinda a Xunta de Galicia ao  considerar que “este tipo de actos institucionais son un medio máis para a integración e para facer visible a actividade da asociación”.

Na súa visita, os rapaces tiveron tamén a oportunidade de coñecer as diferentes dependencias do edificio administrativo da Xunta da man do persoal da delegación territorial, que os acompañou nun percorrido polas instalacións do centro e lles ofreceu información adicional acerca do funcionamento dos diferentes departamentos da administración.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo