UU.AA. lamenta que a Xunta non tome medidas contra a praga das toupas

A organización Unións Agrarias lamenta que a Consellería de Medio Rural non inicie de xeito inmediato medidas de control efectivas sobre a praga das ratas toupa que está a diezmar o abastecemento de prados nos concellos de Becerreá e Triacastela.

O sindicato afirma que segundo se desprende das declaracións do director xeral de Gandaría, Silvestre José Balseiros, sete meses despois de que os produtores denunciaran os danos aos técnicos da Xunta, aínda están na fase de identificar o tipo de animal invasor.

Unións Agrarias, esixe que os gandeiros non se vexan perxudicados nas inspeccións de campo para  o cobro das axudas da PAC que nestes día está a realizar o FOGGA, posto que se os prados se atopan destrozados “foi so pola inoperancia da Xunta de Galicia que deixou avanzar a praga sen control” pola Montaña de Lugo.

UUAA pide que se apliquen mecanismos de axudas similares aos decretados no Principado de Asturias cando no 2017 sufriu un andacio similar de ratas toupa. Naquela ocasión, segundo explican dende o sindicato, os gandeiros asturianos cobraron 700 euros por hectárea nas pradeiras de sega e 380 euros nas pradeiras de pastoreo.

Unións Agrarias non entende a frivolidade do conselleiro de Medio Rural, José González, que cataloga “importancia relativa unha praga que se estende sen control grazas a efectividade das medidas de Medio Rural, que como no caso da vespa velutina ou do xabaril logran que o problema medre sen límites”, conclúen.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo