UUAA insta á Xunta a que actúe ante “un abuso escandaloso” de Fenosa hacia o titular dunha explotación leiteira

Unións Agrarias presentou hoxe no rexistro da Delegación da Xunta de Galicia en Lugo, un escrito no que denuncia, ante da Consellería de Industria, o “abuso escandaloso” que Unión Fenosa Distribución, pretende perpetrar co titular dunha explotación de leite do lugar de Caborrecelle, no concello de Portomarín.

Na denuncia preparada polos servizos xurídicos da organización agraria, indícase que a citada compañía eléctrica, trasladoulle un orzamento de 54.000 Euros ao titular da explotación, Julián Rivas Vázquez, por ter solicitado unha pequena mellora da potencia eléctrica, para pode instalar sistema de lavado automático na sala de muxido da explotación.

Despois de analizar os contidos da proposta económica de Fenosa “queda as claras” que esta pretende “cargarlle en exclusiva ó gandeiro” o custe de 728 metros de tendido eléctrico e a ampliación do centro de transformación. Desde o sindicato, intentaron que a compañía eléctrica actuase “cun mínimo de sentido común” ante unha proposta que ademais de “profundamente inxusta, resulta completamente descabellada”, xa que pretende descargar nun particular a carga da mellora da rede eléctrica.

Na explotación familiar de Julián Rivas acaba de incorporarse o fillo a través das axudas a incorporación de mozos, co obxectivo de manter a granxa aberta a futuro. “Unha realidade que non vai a ser posible ante escandaloso abuso como o que pretende inflixirlles Unión Fenosa Distribución”, denuncia o sindicato.

Unións Agrarias, agarda que a Xunta de Galicia active os mecanismos de control pertinentes para evitar que se consume unha fraude e un atentado evidente contra os dereitos dos consumidores.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo