" />

Vacinas, cereais e pastor eléctrico, as solucións “non letais” ao xabaril

A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz  Weber sumáronse esta mañá ás reivindicacións que facía onte o BNG na necesaria adopción de medidas “non letais” para afrontar as visitas de xabarís aos parques e zonas verdes do  Concello de Lugo e ás doutras localidades da comarca ás que, de forma puntual, achéganse estes animais silvestres.

Os animalistas puxeron sobre a mesa dúas medidas principais que poden obter bos resultados. Por unha banda lembran que os métodos  contraceptivos, a través de vacinas disparadas aos suidos, están a dar bos resultados nas probas realizadas no Parc Natural da Serra de Collserola. Como segunda idea, estes colectivos mencionaron a alimentación suplementaria disuasoria, utilizada xa noutros territorios como País Vasco ou Navarra e combinada coa instalación de pastores eléctricos con horario.

Esta idea consiste en distribuir cereal por determinadas zonas, lonxe de cultivos e parques, para que os xabarís coman e se sacien e non teñan que remover os espazos axardinados.

Neste senso, FFW e Libera consideran que estas propostas son aplicables ao termo municipal de Lugo, así como a toda a comarca e que poden contribuir a descender o custe das visitas destes mamíferos cuxo hábitat “foi, ou ben urbanizado, ou ben copado por explotacións agrícolas”.

Os defensore dos animais advertiron que a presión dos cazadores provoca a súa baixada nas horas posteriores ás batidas que se realizan varios días á semana e coiciden en tempo coa aparición de xardíns e rotondas levantadas polos xabarís.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo