Veciños e persoal do centro de saúde e PAC de Viveiro suman 3 meses de reclamacións

Veciños e persoal do centro de saúde e PAC viveirense concentráronse, de novo, esta mañá, diante deste edificio en protesta da situación na que a Xunta de Galicia mantén a atención primaria pública neste municipio e para reclamar solucións xa.

O goberno galego do PP négase a reforzar o número de profesionais para urxencias ou especialidades como pediatría e nin tan sequera cubre as baixas médicas xustificadas por enfermidade ou días libres. Os viveirense levan 3 meses denunciando dita situación pero o Sergas non tomou ningunha medida ao respecto.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo