Veciños e profesionais denuncian falta de persoal no Hospital e Centro de Saúde de Monforte

Veciños e médicos denunciaron esta mañá diante do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos o “desmantelamento da sanidade pública e a precarización dos servizos” por parte da Xunta de Galicia que se traduce nunha gran falta de persoal tanto no centro hospitalario coma no centro de saúde. Na concentración participaron tamén os socialistas da provincia amosando o seu apoio aos veciños monfortinos.  Na concentración estivo presente tamén o Vicesecretario Xeral Socialista de Goberno Local e Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, Concelleiros, Voceiros e
militantes da zona sur da provincia á que da servizo o centro sanitario.

A través da concentración, denunciaron que no Hospital de Monforte, que presta servizo a máis de 50.000 habitantes, non teñen oncólogos propios, levan 3 con 1 só dixestivo, na maioría de servizos só hai un facultativo especialista como en alergoloxía, endocrinoloxía, dermatoloxía… que acaban desempeñando o traballo internistas. Hai listas de espera para facer probas básicas en cardioloxía, resonancias e revisións.

Veciños e profesionais consideran necesarios máis enfermeiros e celadores, un técnico de laboratorio para o servizo de urxencias e restablecer o médico rehabilitador. O Sergas dotou ao centro dun servizo de esterilización pero sen persoal especializado polo que teñen que realizar esa labor cirurxiáns. Suprimiron o teléfono interno para avisar aos facultativos. Ademais, o PSOE critica a derivación de pacientes a centros privados para terapias de fisioterapia ou logopedia e contratos de días. Con todo isto, o número de reclamacións feitas polos cidadáns “superan a cincuentena e vai en aumento”.

Tomé Roca subliñou que o PP “estanos quitando, a toda a zona sur da provincia, servizos sanitarios paulatinamente. Primeiro foi a supresión da área sanitaria para centralizala na cidade de Lugo e así restarnos autonomía e competencias e agora é coa falta de persoal para poder atender correctamente aos veciños no Hospital Comarcal. O Sergas está xogando coa saúde de máis de 60.000 lucenses debido ás políticas de recortes. Dende o Partido Socialista seguiremos defendendo unha sanidade pública, gratuíta e de calidade á que temos dereito como cidadáns.”

Os socialistas denuncian que o centro de saúde de Monforte de Lemos tamén está sendo desmantelado pola Xunta. Nos últimos 4 anos a Xunta amortizou 2 prazas, unha por traslado e outra por xubilación, quedando 12 médicos cando antes había 14. Isto provoca que na actualidade os profesionais atendan unha media de 60 persoas nunha soa mañá. Só hai 3 pediatras para atender aos máis de 2.200 nenos de Monforte de Lemos, Sober e Pantón. Isto supón unha lista de espera de máis de 10 días para que as familias sexan atendidas. Os profesionais tamén se queixan da falta de material para facer curas, como esparadrapos ou gasas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com