" />

Á venda xa as entradas para a Mostra de Teatro Clásico

O Concello de Lugo vén de poñer xa á venda as localidades para gozar da XVIII Mostra de Teatro Clásico arrincará o xoves, 1 de febreiro con La Comedia de Las Mentiras. A obra de Plauto serve para confeccionar unha divertida historia de enredo, dirixida por Pep Anton Gómez, e que protagonizan actores da talla de Pepón Nieto, María Barranco, Canco Rodríguez, Paco Tous e Angy Fernández. Esta comedia de gran expectación, sigue as aventuras e desventuras de Hipólita e Leónidas, irmáns dispostos a mentir para poder vivir os seus respectivos amores, incluído o seu estrito pai. Nunha das viaxes de seu pai, onde quedan ao coidado da súa tía, terán lugar distintos acontecementos que deben coñecer as persoas espectadoras.

As entradas para a obra e a mostra poden adquirirse en www.entradaslugo.es, na Oficina Municipal de Turismo ata
tres horas antes do comezo de cada función, e no Auditorio Municipal Gustavo Freire o día da función. Os bonos están dispoñibles ata o 30 de xaneiro .

O Concello mantén o prezo das entradas, a 10 euros por espectáculo na zona A e 8 na B, cun desconto do 20% para persoas no paro, menores de 30 anos, pensionistas e integrantes da Asociación de Actores e Actrices de Galicia. O bono custa 35 euros e os monólogos, 5 euros.

Todas as obras e monólogos empezarán a partires das 20.30 horas e a mostra alongarase todo o mes de febreiro e ata o 3 de marzo.  A maiores da programación habitual de obras e monólogos, este ano terá lugar un encontro con Rodrigo Arribas, director da obra El Rufián Dichoso, o 23 de febreiro no auditorio do Vello Cárcere, e dúas intervencións na rúa, ao fondo da Praza Maior, ás 12:00 horas, a cargo de Espazo Artístico 10 Os
Palimoquiños. Interpretarán Quen ocupa esa cadeira? Atopémonos con Shakespeare.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo