" />

Veterinarios formaranse contra o maltrato animal

A Fundación Franz Weber e a Universidade de Santiago de Compostela presentaron hoxe a xornada O papel do persoal veterinario ante casos de malos tratos animais, unha serie de tres actos que se desenvolverá o vindeiro mércores 3 e que contará con participantes como a maxistrada Pilar de Lara, o Conselleiro Permanente de Estado, Enrique Alonso, e Alfredo Fernández, asesor pericial.

Con esta xornada, que terá lugar na Facultade de Veterinaria de Lugo, a organización internacional busca mellorar a formación e a orientación das veterinarias e veterinarios, pero tamén do público xeral, cara á denuncia de casos de malos tratos animais, tendo en conta que a Lei de Benestar Animal de Galicia contén unha serie de disposicións que poden ser denunciadas, desde o uso de colares eléctricos ata prácticas como as mutilaciones por estética.

Neste senso, a Asociación Animalista Libera, que difunde a iniciativa, lembra que o seu traballo conxunto coa FFW logrou en 2017 que a nova normativa autonómica contemplase un maior número de condutas sancionables, entre as que se atopa a limitación continuada de movementos, principalmente o encadenamiento perpetuo que se reproduce en centos de localizacións de Galicia sen que a Xunta tomase nota da gravidade do problema.

A Xornada é de carácter gratuíto e aberta ao público, e segue o ronsel da actividade xa organizada polos animalistas na Facultade de Dereito da USC baixo o título O Dereito e os Animais” que tivo lugar o pasado mes de Febreiro.

LIBERA! e Fundación Franz Weber animan a participar aos profesionais colexiados, primeira liña de recepción de numerosos contextos de crueldade cara aos animais e que poden reciclar así os seus coñecementos para resultar aínda máis efectivos en materia de benestar animal e como parte fundamental nas posteriores denuncias, tanto administrativas como penais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo