VIII edición do Festival 27373 de música en Galego de Begonte

A Asociación Cultural Castiñeiro Milenario de Begonte organiza a Oitava edición do Festival 27373 que terá lugar o sábado 10 de agosto no Club Fluvial de Begonte, “un dos poucos festivais cunha programación íntegra en Galego, que apoia a grupos emerxentes e que nos últimos anos conta, polo menos, cun grupo integrado maioritariamente por mulleres. Unha aposta pola lingua e por dar  visibilidade á muller nos escenarios”.

Desta volta subirán ao escenario, desde a Mos, o grupo de música tradicional, Lagharteiras, mozas pandeireteiras, gañadoras de multitude de concursos e cunha traxectoria ben recoñecida e que este ano son a representación feminina do festival. Logo das cantareiras, subirá ao escenario, chegados da parroquia veciña de Saavedra, Filophóbicas, grupo de punk rock con letras comprometidas e melodías potentes. Para rematar, O Puto Coro do Exército Froilanista, grupo de letras con retranca, ácidas e politicamente incorrectas, que serán os que poñan o punto e final a esta este oitava edición.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo