Vilalba Aberta insta ao Concello a actuar diante do “lamentable” estado dunha das beirarrúas de Alcalde Fraga Bello

Vilalba Aberta volve facer súa unha nova reivindicación veciñal, neste caso relativa ao “deplorable” estado dunha das beirarrúas da céntrica Rúa Alcalde Fraga Bello. A denuncia, que, tal e como revelan dende a formación, chegou á súa asemblea o xoves da pasada semana, foi xa pertinentemente rexistrada no Concello e será no vindeiro Pleno Ordinario Xaneiro, cando ao Goberno Municipal lle toque dar conta diante dunha situación que dende Vilalba Aberta cualifican de “vergoña”.

A este respecto, a formación considera “intolerable” que, logo de se dirixir a veciñanza afectada en dúas ocasións ao Concello, se lles instara a falar eles mesmos/as cos propietarios. Un “deixamento de funcións”, que para a Vilalba Aberta responde á enésima mostra de inoperancia por parte dun Goberno Municipal, “responsable último de se dirixir aos propietarios diante dunha “situación de risco e incomodidade” para os viandantes, así coma de claro prexuízo – no sentido estético – para os diferentes negocios e comercios”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com