Vilalba Aberta levará ao Pleno as reivindicacións dos veciños do barrio do Caxigal en Goiriz

Vilalba Aberta volve facer súa unha reivindicación veciñal; neste caso, relativa ao “deixamento de funcións” do Concello no que ten que ver co estado do camiño real á entrada de dúas vivendas do barrio do Caxigal na parroquia de Goiriz. Unha problemática, que xorde logo da primeira actuación sobre o mesmo por parte dos servizos de mantemento municipais e que, tal e como denuncia a veciñanza afectada, “é sistematicamente desoída polo Goberno Municipal, ao tempo que outros accesos colindantes si merecen a súa consideración”.

Na mesma liña, e tal e como relataba hoxe o voceiro e candidato á Alcaldía da formación, Modesto Renda, “dende o Concello incluso se chegou a depositar zahorra ao carón da última casa para que foran os mesmo veciños os que procederan á actuación”.

Con todo, non se trata da única situación de “desleixo municipal” que, ao respecto deste barrio, dende Vilalba Aberta se levará á vindeira e última sesión ordinaria da lexislatura. Logo dunha visita de traballo no pasado mes de febreiro, o voceiro de Vilalba Aberta, tivo tamén a oportunidade de ver e escoitar de primeira man o acontecido en relación co alumeado público e que, dende o pasado mes de agosto ten “perplexa á veciñanza” sen atopar tampouco a lóxica resposta municipal.

“Dende o pasado 20 de agosto a luz acende de día e apágase de noite, os veciños denuncian dirixíndose ao Concello e o problema continúa sen se solucionar”, apuntaba un Modesto Renda que, xa anunciou, lle entregará ao Alcalde o conxunto dos correos electrónicos sen resposta, ao respecto do que definiu coma “a enésima tomadura de pelo municipal”.

A este respecto, e ao tempo que agradeceu á veciñanza afectada que puxera no coñecemento de Vilalba Aberta a reivindicación, anunciou, tamén, que preguntará ao Alcalde pola problemática relativa á caída e tardía reacción por parte do Concello na colocación do Stop do cruce do Alto do Sumeiro, xustamente á saída do antedito acceso e tamén situado na parroquia de Goiriz.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com