Vilalba Aberta reúnese coa Asociación de Empresarios para completar o seu Programa

Logo da celebración da última sesión ordinaria da lexislatura vilalbesa, Vilalba Aberta centra xa os seus esforzos no remate do proceso de redacción do seu Programa Electoral para as vindeiras Eleccións Municipais.

Algo máis de 15 días despois de visitar ás voluntarias da Asociación Os Peludiños e, coma paso previo a presentación das primeiras medidas do seu Programa Económico e fiscal municipal, o Candidato á Alcaldía da formación, Modesto Renda, así coma as número 4 e 6 da lista de Vilalba Aberta, Mónica González e María Pérez, reuníanse onte co Presidente da Asociación de Empresarios Sete Pontes, Álvaro Fraga.

A xuntanza de traballo, que se prolongou por máis dunha hora, permitiulle a Vilalba Aberta  contrastar co presidente da patronal vilalbesa o conxunto de propostas en materia de desenvolvemento económico e industrial, emprendemento e comercio que a formación incluirá no seu Programa, ao tempo que coñecer, de primeira man, as necesidades da pequena e mediana empresa local, así coma as dos comerciantes asociados.

“Seguimos escoitando para sumar máis e mellores ideas, recollendo hoxe as propostas da pequena e mediana empresa” declarou á saída da mesma un Modesto Renda, que fixo especial fincapé na “total sintonía” entre as propostas da formación e as reivindicacións do empresariado local, en base á idea dunha Vilalba “máis dinámica, produtiva e sustentable.”

“O noso tecido empresarial é un actor imprescindible para o desenvolvemento económico do Concello e a retención do talento mozo. Un interlocutor de referencia, cuxas necesidades e ideas se verán reflexadas no Programa de Goberno que aspiramos aplicar” sentenciou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo