Vilalba Aberta vinculará a ampliación do Polígono á creación dun Centro Municipal de Protección Animal

Vilalba Aberta vén de facer público o seu programa en materia de benestar animal. Cinco liñas de goberno “claras e estruturadas”, coas que aspiran “facer do Concello de Vilalba un referente en materia de tenza responsable e protección animal”.

Tal e como explicou o seu voceiro e Candidato á Alcaldía, Modesto Renda, “a correcta recollida e atención temporal dos animais domésticos abandonados ou vagabundos, ata a súa recuperación polos propietarios ou a súa entrega en adopción, será unha prioridade municipal para o goberno que aspiramos encabezar”.

Neste senso, a súa primeira proposta de vincular a execución da nova fase do Polígono Industrial á construción dun Centro Municipal de Protección Animal. Un proxecto que, tal e como figura no programa da formación, será xestionado en colaboración co asociacionismo local en defensa dos animais e posibilitará albergar nas mellores condicións de espazo a entre 20 e 25 cans e a un mínimo de 10 gatos. A este respecto, contará cunha distribución interior e outra exterior ou de esparexemento individual valada perimetralmente, ademais dunha área específica destinada á ubicación das gateiras. “Dúas naves nunha, de tal forma que se poida habilitar de forma independente o uso de ambas.”, lembrou Modesto Renda.

Unha medida, que, tal e como lembrou a número 6 da formación, María Pérez, “dará pé á contratación directa de 2 persoas (unha delas con titulación veterinaria), co fin de que, en quendas de mañá e tarde, se ocupen da xestión das instalacións, organización administrativa, información ao público, así coma da atención clínica dos animais albergados.”

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com