" />

Vilalba acolle esta fin de semana a festa do Queixo de San Simón da Costa

Esta maña tivo lugar a presentación da Festa do queixo de San Simón da Costa, que se celebrará en Vilalba esta fin de semana.

Na presentación paticiparon o delegado territorial, José Manuel Balseiro, o alcalde de Vilalba, Agustín Baamonde, e a vicepresidenta do Consello Regulador da Denominación de Orixe do Queixo San Simón da Costa.

Programa 

Sábado, 1 de abril

11:30 – Final do Concurso de Tapas do Queixo de San Simón da costa na praza, mediante a realización en directo das tapas dos finalistas de cada categoría.

16:30 – Taller de cociña para nenos a cargo da gañadora de MasterChef Junior 4, Paula.

19:00 – Pregón a cargo de Pepe Solla

  • Entrega de premios do concurso de Carteis da festa do queixo de San Simón da Costa.
  • Entrega de premios do X Concurso de tapas do queixo San Simón da Costa

Domingo, 2 de abril

12:00 – Showcooking de Antonio Lorenzo (Rest. A Faragulla). Aplicacións do queixo San Simón nas tapas da nova cociña galega

13:30 – Showcooking de Iván Domínguez (Rest. Alborada, 1* Michelin)

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo