" />

Vilalba presenta a Liña Verde, un novo sistema de comunicación de incidencias

O Concello de Vilalba únese aos máis de 500 municipios que a nivel nacional dispoñen do servizo ‘Liña Verde’. A través desta canle de comunicación directa, os veciños poden poñer en coñecemento do concello aqueles danos que detecten na súa localidade. Grazas a esta ferramenta de participación cidadá, o concello pretende coñecer as necesidades da veciñanza e así poder dar solución ás cuestións comunicadas.

Para poder utilizar este novo servizo é necesario proceder á descarga da APP ‘Liña Verde’. Para iso, o usuario debe acceder a Google Play ou APP Store en función da tecnoloxía empregada no seu móbil (Android/ iOS). Unha vez localizada, a descarga é gratuíta.

A partir dese momento, o usuario selecciona o municipio sobre o que quere comunicar a incidencia. O procedemento é moi rápido e sinxelo. Para comunicar unha incidencia, basta con pulsar no botón ‘Nova Incidencia’. Un despregable coas diferentes tipoloxías de incidencias aparece en pantalla. O usuario selecciona aquela sobre a que quere comunicar e de forma automática a APP detecta as coordenadas exactas nas que se sitúa o dano.

O seguinte paso é achegar unha foto da incidencia e a observación sobre a mesma. Xa só queda dar ao botón de enviar. Unha vez enviada, persoal do Concello de Vilalba recibe a notificación do dano comunicado. A partir deste intre, inícianse os trámites para dar solución á incidencia detectada. O cidadán ou cidadá, á súa vez, recibe notificación no seu teléfono móbil sempre que se produza un cambio no estado da mesma.

A través de ‘Liña Verde’, o usuario/a tamén pode expor calquera consulta ambiental, seleccionando a opción de ‘Fai a túa consulta’. Nun prazo máximo de 24 horas terá resposta por parte dun equipo de expertos na materia de forma completamente gratuíta.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo